Entroido 2021OurenseÚltima hora

162 persoas participan no Desfile Virtual do Entroido 2021 de Barbadás

 

A pandemia provocada pola expansión do Covid-19 impide que se celebre do xeito habitual o tradicional desfile polas rúas da Valenzá, que o Concello de Barbadás organiza cada ano o Martes de Entroido. Porén, non quixeron renunciar a un evento que está no ADN deste municipio, así que se non é presencial pois é virtual.

Así, na mañá deste 16 de febreiro, a través do Facebook do Concello, pudo verse o vídeo coas imaxes da comitiva entroideira encabezada pola corporación municipal.

 

 

Un total de 66 participantes integran o Desfile Virtual de Barbadás, concursando nas modalidades de Individual Infantil, Individual Adultos, Parellas e Comparsas facendo un total de 162 persoas de todas as localidades do municipio e doutros puntos da xeografía galega como Ferrol, Sober, Bande, Ourense ou Toén.

A creatividade, humor e retranca son visibles neste desfile virtual, onde a actualidade, protagonizada pola Covid, deu a inspiración a varios participantes. Na categoría de Indiviuais Infantís participan un total de 23 cativos; en Individuais Adultos formaron parte da comitiva 19 persoas; e en Parellas participaron 12. Finalmente 12 comparsas deron colorido a este particular desfile entroideiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button