ConcellosÚltima hora

17 municipios ourensáns entran no plan de axudas de atención temperá da Xunta

Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín, Vilardevós, Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor, San Amaro, Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro son os municipios aos que se lle concedeu

O DOG vén de resolver a convocatoria de axudas da Xunta deste 2019 para a consolidación e implantación de novas unidades de atención temperá. 17 municipios ourensáns (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín, Vilardevós, Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor, San Amaro, Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro) están dentro deste plan, cunha axuda de 101.065,05 euros.

 

Municipios e importe concedido.

 

A atención temperá é fundamental para identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade. Estas axudas son básicas para a prevención, identificación e o tratamento precoz das necesidades específicas que poidan presentar os menores.

Resolución do DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190716/AnuncioG0425-080719-0001_gl.html

 

Artigos relacionados

Back to top button