DeportesÚltima hora

17,5 km e 2.000 m. de desnivel

O Barco entra nas carreiras de montaña co I Trail de Xagoaza o 14 de xuño
Perfil da proba.
Perfil da proba.

Valdeorras acolle a primeira proba de carreiras de montaña: o Trotadas Trail Xagoaza (O Barco). Celebrarase o 14 de xuño cun percorrido de 17,5 km e cun desnivel acumulado (positivo e negativo) duns 2.000 metros. A cita incluirá a carreira trail, que só se desputará en categoría absoluta (tanto masculina como feminina), pero tamén unha andaina.

As persoas que realicen o trail atoparanse un percorrido que esixe un nivel físico medio-alto, así como un nivel técnico medio.
A saída darase dende a Adega Godeval (moi preto do Mosteiro de Xagoaza) ás 18:30h. do día 14 de xuño. A retirada de dorsais poderá realizarse alí mesmo entre as 15:30h. e as 17h. “É un circuíto con saída e chegada nas proximidades do mosteiro, dende alí irase ata o pobo de Xagoaza, logo subirase en dirección a Forcadela e ata as Penas Marías, para de seguido baixar por un regato e cruzar a montaña onde está a canteira de caliza e, finalmente, voltar ao mosteiro”, indican dende a organización.

Os andaríns comezarán a proba ás 17:30h. Afrontarán un traxecto moi similar ao do trail, se ben é un quilómetro máis curto e algo máis suave.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: cedida pola organización do Trotadas Trail Xagoaza
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button