En portada

A 18 edición de Xantar acende os fogóns

A décimo oitava edición do Salón de Turismo Gastronómico Xantar, que ten como convidado este ano a Panamá, abriu onte as súas portas até o 5 de febreiro. Un total de 240 expositores e 25 menús de entre 14 e 25 euros, son a oferta desta cita xa consolidada na cidade. Os encargados de inaugurar o evento foron diferentes personalidades da administración pública, como o Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o vicepresidenta da Deputación, Rosendo Fernández; a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez; o concelleiro de Proxección Económica do Concello de Ourense, Jorge Pumar; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz ou a embaixadora de Panamá en España, María Mercedes de la Guardia.

Tras cortar a cinta inaugural, estas personalidades percorreron os diferentes postos do recinto de Expourense. Tras iso, gozaron dunha degustación das propostas culinarias do país convidado, Panamá.

Máis información sobre o salón Xantar na edición en papel.

Artigos relacionados

Back to top button