CulturaCulturaÚltima hora

“1879. Casa de bonecas”, unha escura versión do clásico de Ibsen, no Barco

Estudo Momento presentará esta montaxe o vindeiro venres 13 de marzo ás 21h. no Teatro Lauro Olmo

Unha das escenas de “1879 . Casa de bonecas”./ Foto: Estudo Momento.

 

“A nosa versión de Casa de bonecas articúlase como un experimento escénico, intentamos contar a historia só a través das escenas do matrimonio Helmer: Nora e Torvald. Así de sinxelo”. Xoán Carlos Mejuto, actor, autor e director de “1879. Casa de bonecas”; describe deste xeito a montaxe teatral que Estudo Momento fai deste clásico do teatro realista escrito por Henrik Ibsen, considerado un alegato feminista co paso do tempo. Esta obra poderá verse o vindeiro venres 13 de marzo ás 21h. sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco.

Esta versión propón “unha oscura versión do clásico de Ibsen para dous actores, que concentra todas as forzas antagónicas nos seus personaxes protagonistas”: Nora (Iria Ares) e Torvaldo (Xoán Carlos Mejuto). Nela obrígase ao espectador a “reflexionar sobre un dos paradigmas máis arraigados da nosa sociedade: o sistema patriarcal”, segundo a compañía.

Este espectáculo foi galardoado co I Premio Luísa Villalta pola Igualdade concedido pola Deputación da Coruña

 

Artigos relacionados

Back to top button