SanidadeÚltima hora

19 positivos nos centros educativos de Valdeorras, 1 menos que onte

 

Leve baixada nos datos de positivos de coronavirus nos centros educativos de Valdeorras. Son un total de 19, fronte aos 20 de onte, tal e como se recolle no listado que emite a Xunta de Galicia. No caso do Barco, o CEIP Condesa Fenosa continúa con 1 positivo, o IES Martaguisela con 5 positivos, o CEIP Julio Gurriarán con 1 positivo, o Colexio Divina Pastora con 4 positivos e o IES Lauro Olmo baixa a 2 positivos (1 menos que onte). Isto supón un total de 13 casos nos centros barquenses, 1 menos que onte.

Na Rúa mantéñense os mesmos datos de onte: o CEIP Manuel Respino ten 1 positivo e unha aula pechada, o IES Cosme López continúa con 2 positivos e o Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa con 2 positivos.

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo.

No referente a Trives, a gardería continúa con outro positivo e o IES Xermán Ancochea ten 1 positivo e o CEIP Manuel Bermúdez Couso sobre a 4 positivos (1 máis que onte), o que supón un total de 6 positivos nos centros deste municipio.

No conxunto da provincia de Ourense o listado da Xunta recolle un total de 406 positivos, 30 aulas pechadas e 1 centro pechado.

 

Artigos relacionados

Back to top button