OurenseÚltima hora

191º Aniversario da Fundación do Corpo Nacional de Policía, en Ourense

O acto foi presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, na mañá do 13 de xaneiro
Autoridades presidindo a conmoración do  191º Aniversario da Fundación do Corpo Nacional de Policía, en Ourense.
Autoridades presidindo a conmoración do 191º Aniversario da Fundación do Corpo Nacional de Policía, en Ourense.

En xaneiro de 1824, hai 191 anos, o rei Fernando VII asinaba unha Real Cédula pola que se creaba a “Policía General del Reino”, o que hoxe é o Corpo Nacional de Policía. Así o lembraba o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, na conmemoración deste aniversario no salón de actos da Comisaría Provincial de Ourense na mañá do 13 de xaneiro.

“Dende entón, a principios do século XIX e ata hoxe, tralos distintos avatares históricos que transcenden e modelan a sociedade moderna do noso país, é a Constitución de 1978 a que no seu Artigo 104 sinala dúas misións básicas para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e por suposto, para o Corpo Nacional de Policía: «protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a Seguridade Cidadá»”, comentaba Roberto Castro.

Tamén incidía o subdelegado do Goberno en que “a cohesión, a paz social, e -en definitiva- a convivencia en democracia, non serían posibles se non contásemos coas altas cotas de seguridade e liberdade que a Policía proporciona. Esa seguridade e liberdade son importantes en si mesmas, porque son dereitos inalienables. Pero non esquezamos que a seguridade contribúe ademais a crear un clima máis favorable á recuperación económica e, en consecuencia, ao benestar dos cidadáns”.

O subdelegado do Goberno, nun dos momentos do acto do aniversario da Policía Nacional, en Ourense.
O subdelegado do Goberno, nun dos momentos do acto do aniversario da Policía Nacional, en Ourense.

Tamén interviña no acto o comisario xefe de Ourense, Amable Valcárcel, quen sinalaba que “se tivesemos que elexir o rasgo máis característico da Policía española fronte aos demais corpos de seguridade, sería o do seu carácter claramente urbano”. Lembraba tamén as orixes deste corpo, explicando que “na súa fundación se crearon fóra de Madrid 126 Subdelegacións, radicadas en localidades ou partidos importantes, que constitúen a actual estrutura das Comisarías provinciais e locais, a cuxa fronte estaba un Intendente”.

Esta conmoración tiña lugar na mañá do 13 de xaneiro no salón de actos da Comisaría Provincial de Ourense.
Esta conmoración tiña lugar na mañá do 13 de xaneiro no salón de actos da Comisaría Provincial de Ourense.

Asemade comentaba que hoxendía unhas 60.000 persoas “forman parte do Corpo Nacional de Policía. Á parte dos organismos centrais, que radican en Madrid, na periferia existen 20 xefaturas superiores, 44 comisarías provinciais, 125 comisarías Locais, 63 comisarías de distrito, 76 postos fronteirizos, 11 centros de Cooperación Policial(5 con Portugal, 4 con Francia e 2 con Marruecos) e 22 Unidades de Estranxeiría”.

Artigos relacionados

Back to top button