CulturaCulturaOurenseSen categorizarÚltima hora

19ª MITEU, do 25 de abril ao 9 de maio en Ourense

A Mostra Internacional de Teatro Universitario contará con 31 compañías de 9 países

FernandodaCostaSarabela

Miteurodaprensapresentación

Fernando da Costa Sarabela 7929

Dende o 25 de abril ata o 9 de maio a cidade das Burgas acollerá á 19ª edición da MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, que un ano máis encherá ao longo de 14 días os escenarios da cidade co mellor teatro profesional e afeccionado, con música, danza, circo, proxeccións, formación e moito máis. En total serán 31 as compañías de nove países e catro continentes, que converterán á cidade de Ourense no referente teatral de Galicia.

O programa, que arrancará o venres día 25, era presentado na mañá do 10 de abril no Teatro Principal de Ourense, polo director da MITEU Fernando Dacosta; a directora do Teatro Principal Olga Mojón; a vicerreitora do campus de Ourense María Lameiras; a concelleira de Cultura de Ourense Ana Garrido; e o secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo.

Esta edición da mostra, máis internacional que nunca, comezará coma sempre nas rúas do Paseo e Bedoya coa actuación da Aula Universitaria de Ourense Rosaura, que porá en escena o seu espectáculo “Chispeando”. Ese mesmo día, o Teatro Principal acollerá a obra da Aula Cordelia titulada “Galería Berkvam 2.14.” Pola súa banda Maricastaña, o terceiro dos grupos do campus de Ourense, baxará o pano da programaciónn o día 9 coa representación de “Café Liberdade” no Teatro Principal. O momento da actuación de Geppetto, a Aula Universitaria Infantil, será o día 27 co obra “Os soños de Xulia”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button