Publicidade
ConcellosÚltima hora

1ª Feira das Montañas de Trevinca, na Veiga

Esta mostra, con numerosas actividades, terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de decembro

Presentación da I Feira das Montañas de Trevinca no Pazo Provincial.

 

O Concello da Veiga organiza a 1ª Feira das Montañas de Trevinca, un evento que amosará os produtos da Alta Montaña Galega os vindeiros días 14 e 15 de decembro a través dunha programación que inclúe showcookings, conferencias, ruta de pinchos, música e a segunda edición do proxecto “Un Nadal enxebre”. A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense (que colaborac o evento), Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e a técnica encargada do centro apícola, Raquel Rodríguez.

A programación, prevista para os vindeiros sábado e domingo, 14 e 15 de decembro, comezará ás 12h. do sábado coa inauguración da feira na praza do pulpo na Veiga. Así mesmo, comezará tamén a primeira degustación de tapas das montañas de Trevinca nos locais da Veiga. Para participar nesta degustación de tapas poderase adquirir un cartón, por un custe de 12 euros, que inclúe unha ración de cada tapa en cada local (seis locais), sen consumición. O cartón será válido desde as 12.00 horas do sábado ás 14 horas do domingo. Ademais regalarán unha cunca de barro por cartón.

A programación continuará ás 13 horas co showcooking, a cargo de Gerson Iglesias, de fabas lobas das Montañas de Trevinca con degustación. Ás 16:30 h. haberá unha cata de mel de Galicia impartida pola IXP Mel de Galicia. Posteriormente, ás 17.30 horas haberá de novo un showcooking a cargo de Gerson Iglesias sobre a mel das Montañas de Trevinca con degustación. Estas actividades terán lugar na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural. Por último, como peche desta primeira xornada, ás 19 horas, será a quenda a música cun concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, na praza do Toural.

Ao día seguinte,15 de decembro, as actividades comezarán ás 10 horas coa apertura dos “preto 25 stands participantes”, dixo Raquel Rodríguez. Ás 11 horas haberá un showcooking a cargo de Anxo Trives, cociñeiro do Restaurante Holtal La Viuda de Trives, sobre a mel das Montañas de Trevinca con degustación.

A continuación, ás 12:30 h celebrarase unha charla sobre as Boas Prácticas Agrícolas, impartida por técnicos do Inorde e ás 17 volverá Anxo Trives cun showcooking sobre as Fabas Lobas das Montañas de Trevinca con degustación. As actividades de novo desenvolveranse na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural. O peche da feira será ás 18 horas. A inscrición nas actividades e a adquisición dos cartóns (dispoñibles ata o xoves) poderase realizar no Centro de Desenvolvemento Rural da Veiga ou a través do número de teléfono 603 71 96 73.

Durante a Feira tamén se desenvolverá a segunda edición do proxecto “Un Nadal enxebre” que conseguirá que “todo o pobo estea decorado con produtos nosos e convertendo a Veiga no belén enxebre máis grande de Galicia”, salientou Juan Anta.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close