En portadaGalerías de fotosOurenseÚltima hora

2.000 participantes na San Martiño 2021, unha carreira popular marcada polas restricións

O corredor do Adas O Barco Alejo Ares cruzaba a meta da proba ourensá no posto 10º

 

Non foi unha carreira como a doutros anos, nin na participación nin no desenvolvemento, pero case dous anos despois da anterior edición, a San Martiño volvía protagonizar a mañá de domingo de mediados de novembro na cidade de Ourense.

Marcada polas restricións sanitarias anticovid aínda vixentes, xa de boa mañá comezaba a respirarse o ambiente de carreira nas proximidades da Ponte do Milenio e tamén do Pavillón dos Remedios, aínda que non era ata as doce deste domingo día 14, cando comezaba a carreira propiamente dita.

Unha carreira limitada aos 2.000 participantes fronte aos máis de 10.000 das anteriores edicións e á categoría sénior, que tomaban a saída en sete tandas de 200 corredores para evitar maiores aglomeracións, mantendo a mascarilla posta menos no momento de correr.

 

Alejo Ares (Adas O Barco) durante a carreira.

 

Así, co atleta local Alejandro Fernández liderando a carreira, os deportistas chegados dende diferentes partes de toda Galicia, completaban os 10 quilómetros polo centro da cidade ata rematar diante do pavillón onde tamén se entregaba os premios. Entre os clubs participantes estaba coma sempre o Adas O Barco, co 10º posto de Alejo Ares como o mellor resultado.

A 44ª edición da San Martiño, que contou coa presenza en meta do alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome así como do concelleiro de Deportes Mario Guede, entre outros, tivo tamén un carácter solidario dando visibilidade á ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) enfermidade que padece a atleta  ourensá Olga Prado Fraguas que estivo, aínda que en cadeira de rodas, na saía da carreira xunto aos membros da asociación AGAELA.

Fotos: O SIL

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-cuarta-san-martino-consecutiva-para-alejandro-fernandez/

 

Artigos relacionados

Back to top button