En portadaÚltima hora

2.200 persoas de 50-55 anos serán vacinadas contra o Covid o sábado na provincia, 250 delas no distrito do Barco

No caso do distrito de Verín serán 200 e en Ourense 1.750, segundo anunciaba o conselleiro de Sanidade

 

Ponse en marcha a vacinación fronte ao Covid das persoas de 50 a 55 anos en Galicia, tendo en conta a importante chegada de doses da vacina de AstraZéneca. Así o vén de anunciar esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García, en rolda de prensa. Así, mañá xoves 11 terá lugar, a modo de pilotaxe, unha vacinación na Cidade da Cultura en Santiago “para pulir e axustar varios parámetros, como é o proceso de citación”, no que se recurrirá a tecnoloxía. A citación comezará pola letra “H” ata 1.000 persoas na Área Sanitaria de Santiago e a vacinación seguirá correndo a cargo das enfermeiras da Atención Primaria.

Así, as persoas serán citadas por SMS e logo realizarase unha confirmación de que van acudir á vacinarse por mecanismos automáticos (unha chamada que fará unha máquina). “É necesario saber se van acudir ou non, xa que se non veñen a súa vacina será destinada a outra persoa”, indicaba o conselleiro.

Unha vez feita esa pilotaxe e comprobado que funciona, comezará a vacinación das persoas de entre 50 e 55 anos (tamén comezando pola letra H) o vindeiro sábado 13 de marzo no resto das áreas sanitarias galegas. No caso da Área Santiaria de Ourense, Verín e O Barco serán citadas 2.200 persoas, das que 250 serán do Distrito Sanitario do Barco, 200 no de Verín e 1.750 en Ourense.  A vacinación no caso do Barco e Verín terá lugar no seus hospitais e en Ourense en Expourense.

As futuras vacinacións deste grupo de idade iranse adaptando á cadencia de chegada de vacinas a Galicia.

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a rolda de prensa desta mañá.

Artigos relacionados

Back to top button