DeportesGalerías de fotosÚltima hora

2-3 no CD Barco-Fabril en plenas Festas do Cristo

Os rapaces de Javi Rey non lograron superar a barreira coruñesa en Calabagueiros

Despois dos resultados da pasada tempada, as expectativas eran altas e ámnbolos dous equipos saían a gañar aínda que o empate tería sido o resultado máis xusto para o CD Barco-Fabril disputado na tarde do 11 de setembro en Calabagueiros.

En plenas Festas do Cristo e cunha gran entrada, o equipo sénior do Centro de Deportes Barco non lograba superar a barreira e o bo xogo do R.C. Deportivo B e malia tentalo ata o último segundo (apenas houbo tempo de desconto), acababan perdendo en casa por 2 goles a 3.

O Fabril adiantábase no marcador na primeira parte e o porteiro deportivista, que fixo un gran partido, parou un penalti a Javi Recamán. Co 0-1 no marcador comezaba a segunda metade do encontro no que Ivi Vales lograba o empate para os locais no minuto 62. Nin dous minutos tardarían os filiares deportivistas en adiantarse de novo no marcador chegando o terceiro gol visitante no minuto 70. Lonxe de achicarse e malia o dominio branquiazul no tramo final do encontro, Ballesteros erguía de novo ás bancadas de Calabagueiros ao facer o segundo gol para o vermellos que seguírono tentando pero xa sen tempo para lograr o merecido empate.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button