DeportesGalerías de fotosÚltima hora

2-5 no amigable de veteranos CD Rúa-CD Barco

Os barquenses gañaban o encontro desputado no campo do Aguillón

Os veteranos da Rúa e do Barco aproveitaban o parón navideño nas competicións de fútbol para desputar o seu particular derbi. Así, na mañá do 27 de decembro, o campo de herba artificial do Aguillón acollía o amigable entre os dous eternos rivais.

Malia comezar ben para os rueses, serían os veteranos do Barco os que se adiantaban no marcador, empatando o Rúa aos poucos minutos. A segunda metade do partido sería outro cantar e os tres tantos do conxunto vermello e azul desestabilizaron o encontro. Os locais lograban poñer o 2-4 no marcador tras una falta directa dende o borde da área transformada por David Pérez, pero con todo o equipo arriba chegaría un novo gol do Barco e con el, o 2 a 5 definitivo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button