SanidadeÚltima hora

2.850 ourensáns están convocados a un cribado nos seus concellos nesta fin de semana

Entre o venres e o sábado realizaranse cribados en Verea, Ramirás, Lobeira, Muiños, Lobios e Cartelle, segundo informa Sanidade

Foto: Mónica G. Bellver.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocará entre o venres e o sábado, 23 e 24 de abril, a 2.850 veciños dos concellos de Verea, Ramirás, Lobeira, Muiños, Lobios e Cartelle a un cribado poboacional selectivo aleatorio, que se desenvolverá, no caso de Verea e Lobeira, no seu Centro de Saúde e nos pavillóns municipais do resto de concellos.

O obxectivo deste cribado masivo é detectar casos asintomáticos e paralelamente cortar a posible transmisión dos contaxios nesta área na que coinciden no tempo un incremento dos casos activos, actuando así preventivamente e afondando no coñecemento da súa situación epidemiolóxica.

As primeiras actuacións terán lugar, o venres 23 pola tarde, no Centro de Saúde de Verea onde, entre as 15.00 e as 17.00 están convocados 300 usuarios; e no Pavillón Municipal do Picouto, en Ramirás, onde poderán acudir ás 500 veciñas e veciños citados entre as 15.00 e as 18.30 horas.

O sábado, pola mañá, os cribados realizaranse, en Lobeira, onde están convocadas 150 persoas entre as 9 e as 10.30 no Centro de Saúde; en Muiños, con 400 citados entre as 11,30 e as 14.30 no Pavillón de Deportes Municipal; e en Lobios, con 600 convocados entre as 11.30 e as 14.30, tamén no seu recinto deportivo municipal.

Pola tarde, os equipos de enfermería desprazaranse a Cartelle, onde se realizará o cribado mais numeroso, con 900 persoas convocadas entre as 16.00 e as 20.00 no Polideportivo de Outomuro, tamén dentro do término municipal.

Seguemento da incidencia

Dos cinco concellos nos que se actuará este fin de semana o que maior número de casos presenta a día de hoxe é Cartelle con 6, seguido de Lobeira con 5 e Ramirás con 4, mentres Lobios e Verea se igualan 3. Non si, entre eles presentan diferencias no índice de casos acumulados a sete días (IA7), taxa que se acentúa nos concellos con menor número de poboación e que alcanza en Lobeira, os 651 casos por cen mil, unha das mais altas da provincia neste intre. Pola súa parte, deste grupo, Muiños acada unha taxa de 273, seguido de Cartelle con 232, estando resto por debaixo de 150, tamén a sete días.

As persoas seleccionadas, aleatoriamente entre poboación de 18 a 74 anos, serán convocadas como é habitual por medio dunha mensaxe de SMS, na que se lles indica a hora e o lugar da mostraxe. Neste senso, novamente, desde o Servizo Galego de Saúde lémbrase a importancia de manter os datos de contacto actualizados, ademais de comprobar que estan dados de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas. Igualmente, prégase dar apoio aos achegados de maior idade, ou dificultades coas novas tecnoloxías, para comprobar se reciben o SMS de invitación.

Ademais de por esta vía, pode comprobarse a convocatoria ao cribado na seccion de citación de atención primaria, entrando na páxina web do Sergas, no que identíficandose coa tarxeta sanitaria aparecerá a cita, de estar seleccionado.

A proba será voluntaria, non si, as autoridades sanitarias solicita a todos e todas as convocadas que participen, respectando as instrucións, en canto a horarios e medidas de protección e, por suposto, que non acudan en caso de non estar citados, estar en illamento por un diagnóstico positivo, posterior á convocatoria, ou de estar en corentena á espera do resultado dunha proba.

Estas mostraxes non se deben confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan realizándose por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sanas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da evolución epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado.

Artigos relacionados

Back to top button