EconomíaEconomíaÚltima hora

20 alumnos fórmanse no Obradoiro de emprego “Ecoterras de Celanova”

Esta mañá o delegado territorial da Xunta supervisaba as súas actuacións

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou esta mañá, acompañado do presidente da Mancomunidade de Celanova, Jaime Sousa, as actuacións que se están a desenvolver no Obradoiro de Emprego ‘Ecoterras de Celanova’. Este Obradoiro, no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 346.946 euros, está a formar a 20 alumnos – traballadores no módulo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

O delegado territorial aproveitou a súa estadía nas terras de Celanova para informar de que a nova convocatoria dos obradoiros duais de emprego, para os que as entidades promotoras poden solicitar a súa participación ata o próximo 8 de abril, ampliarán este ano o seu orzamento nun 23% ata os 42,1 millóns de euros. Con esta iniciativa estímase que entre 2022 e 2023 unhas 1.600 persoas sen emprego melloren a súa cualificación, ao tempo que acceden a un traballo, a través do desenvolvemento de máis de 80 talleres.

Gabriel Alén explicou que os obradoiros duais teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a formación para o emprego de calidade; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos e a prestación de servizos de interese xeral e social; e colaborar con entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

Como participantes, -sinalou o delegado territorial- darase prioridade ás persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral como mulleres, emigrantes retornados, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos ou persoas en risco de exclusión social.

Os alumnos, ademais de formarse e de realizar un traballo, grazas a estas actividades poden obter un certificado de profesionalidade. Ademais, unha vez rematado o obradoiro, que nesta edición terán unha duración de 12 meses (antes eran 9), teñen a opción de empregarse nunha empresa por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación que este año se estenderán ao ámbito territorial de Galicia.

A Xunta prioriza nesta convocatoria os programas de formación forestal; cualificación en conservación e posta en valor de rutas do Camiño de Santiago; actuacións enmarcadas en proxectos de Aldeas Modelo e os programas promovidos por concellos con todo ou parte do seu termo municipal incluído en zonas de Reserva da Biosfera.

 

 

Actuacións

Os participantes están a desenvolver as súas tarefas de mantemento de zonas verdes nas contornas do Campo da Feira (Xardíns, Parque infantil e Canastros), piscina municipal en Merouzo Grande, Canal do Ruca, escola infantil en A Manchica e beirarrúas en A Merca e A Manchica.

No concello de Cartelle: no parque infantil de A Ulfe, no parque infantil de Santa Baia, na piscina en Outomuro (zona xardín), no parque Padre Feijóo en Outomuro, no xardín casa do concello en Outomuro, no campo da Feira en Cartelle, no parque infantil na Seara, na área recreativa do Bagullo e na área recreativa en Prado.

No concello de Celanova está a actuar no mantemento no Parque do Rubí e nas piscinas municipais.

Tamén están a traballar no mantemento da contorna da Casa do Concello e na contorna do Local Social de Poulo do concello de Gomesende. As actuacións que están a levar a cabo no concello de Pontedeva son as seguintes: a contorna da capela e praza do canastro en Xinzo; a Praza Outeiriños, entorno da igrexa, entorno ludoteca, entorno Regueiro e entorno do canastro Aldea en Deva; a capela e Ponte entrada do pobo en Freáns; a contorna da fonte e entorno da ponte, na Abelleira ea entrada pobo Areal, praza casa do pobo, entrada parada polígono, entrada Condado-Polígono en Trado.
No concello de Quintela de Leirado están acondicionando os xardíns fronte á Casa do Concello e o Centro de Saúde, o xardín da Vivenda Comunitaria de Xacebáns, o xardín das Piscinas Municipais, a área recreativa do Santo Cristo, a contorna da fonte de Leirado e a área recreativa de Camporreal.

No concello de Ramirás: as áreas recreativas de San Paio dos Pitos, San Xoán, San Adrián, O Abeledo, Pontenova, Ponte da Barca; os parques de Pambre, San Andrés, Arredores do Velorio Municipal de Vilaflor e o aparcadoiro de Vilariño; as fontes de Freás de Eiras, Escudeiros, Tellado, Corredoira, Ver, Santomé , Almariz e Paizás,; o campo da fonte do Picouto e Eira das Portas Abertas; a Praza da igrexa de Penosiños; o xardín do Concello e o de San Andrés

No concello de Verea desenvolven as súas tarefas na piscina Municipal; na área Recreativa da Capela da Ascensión; na área Recreativa Casal de Vispo; no parque Biosaudable O Carballo, e nas zonas verdes situadas no entorno das capelas de Bangueses de Abaixo, Casares e Portela.

Artigos relacionados

Back to top button