OurenseÚltima hora

20 cativos participan non minicampamento “Acción no Arnoia”, no concello de Allariz

Esta iniciativa ten un dobre obxectivo: ofrecer unha opción de lecer activo ás mozas e mozos galegos, e axudar a dinamizar o sector hostaleiro

 

Na mañá deste martes 24 de agosto, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaba o minicampamento ‘Acción no Arnoia’ que se está desenvolver no concello de Allariz, o segundo na provincia de Ourense e o décimo terceiro en Galicia, e que se encadra no programa Coñece Galicia.

Acompañado polo 1º tenente de alcalde, Bernardo Varela, o delegado territorial explicou que baixo o lema “O verán que mereces“,  esta iniciativa ten un dobre obxectivo. “Por unha banda, ofrecer unha opción de lecer activo ás mozas e mozos galegos, coa particularidade de que son estadías rápidas de cinco días de duración; e, por outra, axudar a dinamizar o sector hostaleiro, que tanto sufriu este ano”.

Gabriel Alén sinalou que 20 rapaces de entre 10 e 14 anos, están a desfrutar de actividades multiaventura como paseos en BTT, tiro con arco, kaiak, xogos na piscina, e actividades culturais e de orientación por contornas naturais.

O representante do Goberno galego salientou que esta iniciativa está encamiñada a apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas, fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o lecer educativo.

Estas localizacións súmanse ás ofertadas nos campamentos e nos campos de voluntariado que, xunto aos minicampamentos, integran a programación da Campaña de Verán, na que está a participar máis de 7.800 beneficiarios. En todos eles, mantéñense as medidas de protección fronte á covid-19 postas en marcha o ano pasado, que inclúen a redución do aforo, a incorporación progresiva dos mozos e mozas, o reforzo do persoal monitor e o incremento das medidas hixiénicos-sanitarias. Ademais, este ano incluiranse probas de antíxenos completamente gratuítas para todos os participantes e monitores antes do inicio de cada campamento.

Artigos relacionados

Back to top button