EconomíaEconomíaÚltima hora

20 persoas asisten na Rúa á xornada sobre ‘Mulleres emprendedoras no medio rural’

 

Impulsar o emprendemento feminino no medio rural; ofrecer unha visión do panorama do emprendemento feminino; orientar sobre os pasos a seguir nun proceso de emprendemento; e informar sobre todos os recursos públicos, de apoio ao emprendemento. Son os obxectivos da xornada ‘Mulleres emprendedoras no medio rural’ promovida por Asaja, que se desenvolvía na tarde do venres 15 de xullo na Rúa.

Dirixido pola educadora social Noelia Rodríguez, a xornada celebrada no Centro Cultural Avenida, contaba coa asistencia dunha vintena de persoas (tamén estaba o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández) que compartiron experiencias e inquedanzas.

 

A ponente, Noelia Rodríguez, educadora social.

 

O programa arrancaba coa recepción das participantes e entrega de credenciais e documentación, e continuaba cunha análise retrospectiva do rol desempeñado pola muller no mundo rural (disertación sobre o éxodo cara a cidade, a formación como base do desenvolvemento da muller,  evaluación do rol da mujer rural hoxen en día,…).

Ao longo das cinco horas que durou o evento tamén houbo espazo para a práctica, para os exemplos de mulleres emprendedoras e casos de éxito, así como para os pasos a seguir para poñer en marcha un proxecto.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button