SanidadeÚltima hora

20 positivos de Covid nos centros educativos de Valdeorras

 

Seguen subindo os positivos de coronavirus nos centros educativos de Valdeorras. Son un total de 20, fronte aos 11 do sábado 30 de xaneiro, tal e como se recolle no listado que emite a Xunta de Galicia. Onde máis se incrementan os casos é no Barco. Así entra no listado o CEIP Condesa Fenosa con 1 positivo, o IES Martaguisela ten 5 positivos (3 máis que o pasado sábado), o CEIP Julio Gurriarán segue con 1 positivo, o Colexio Divina Pastora rexistra 4 positivos (2 máis) e o IES Lauro Olmo continúa con 3 positivos. Isto supón un total de 14 casos nos centros barquenses.

No caso da Rúa o CEIP Manuel Respino ten 1 positivo e cunha aula pechada, o IES Cosme López continúa con 2 positivos e o Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa sobe a 2 positivos (1 máis que o sábado).

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo.

No referente a Trives, a gardería continúa con outro positivo e o IES Xermán Ancochea con 1 positivo e entra no listado o CEIP Manuel Bermúdez Couso con 3 positivos, o que supón un total de 5 positivos nos centros deste municipio.

No conxunto da provincia de Ourense o listado da Xunta recolle un total de 421 positivos, 27 aulas pechadas e 1 centro pechado.

23 positivos nos centros da comarca de Quiroga

Na veciña comarca de Quiroga mantéñense os datos, non hai cambios con respecto ao pasado sábado. O IES Quiroga ten 6 positivos, o CEIP de Quiroga chega a 14 positivos, ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil segue con 2 positivos. Tamén se mantén 1 positivo no CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.

Artigos relacionados

Back to top button