EconomíaEconomía

20 postos participarán na Feira do Botelo, esta fin de semana no Barco

Inicialmente estaba prevista para o sábado, pero finalmente celebrarase tamén o domingo
Postos na feira hai dous anos. /Foto: Ángeles Rodríguez.

No Barco está xa case todo preparado para a celebración da XIX edición da Festa do Botelo este sábado 19 de xaneiro. De feito, hai días que se vendían as 1.150 entradas dispoñibles por parte do Concello.

Ese día, o acto do pregón e mención de honra, xunto co xantar no pavillón serán os protagonistas, pero non as únicas actividades organizadas en torno ao emblema gastronómico do Barco de Valdeorras. Así, un ano máis, Feira do Botelo de multiprodutos, a maioría gastronómicos, celebrarase durante toda a fin de semana no Campo da Festa (Paseo do Malecón).

Nun principio o evento estaba programado para o sábado durante todo el día pero “finalmente os participantes decidiron ampliala ata o domingo”, explican dende a organización, adiantando que en total serán 20 postos que venderán pan, botelo, bicas, doces variados, embutidos, licores, xoguetes, bixutería, etc.

A cita será o sábado e o domingo de 11 a 19 horas.

Artigos relacionados

Back to top button