ConcellosÚltima hora

200.000 euros para a mellora do saneamento no Concello de Baltar

O alcalde asina un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente para a execución das obras
Coa sinatura deste convenio, Augas de Galicia prevé licitar as obras este ano.
Coa sinatura deste convenio, Augas de Galicia prevé licitar as obras este ano.

O Concello de Baltar poderá mellorar a súa rede de saneamento. O alcalde do municipio, José Antonio Feijóo, vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente para facer efectiva unha axuda de 200.000 euros que o departamento autonómico adica a esta actuación a través dos Fondos Feader. Con este trámite, Augas de Galicia prevé licitar os traballos este mesmo ano.

A sinatura do acordo tivo lugar entre o rexedor ourensán e a secretaria xeral técnica da consellería, María Jesús Lorenzana. Nesta liña, dende o departamento da Xunta destacan a importancia da actuación, xa que entenden que vai garantir unha rede de saneamento para os veciños evitando os aportes ao medio natural.

Artigos relacionados

Back to top button