ConcellosÚltima hora

200.000 euros para recuperar a rúa do Centro de O Bolo

A inversión provén da Consellería de Medio Ambiente, a través do Plan Hurbe
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e Manuel Corzo, alcalde do Bolo.
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e Manuel Corzo, alcalde do Bolo.

O Concello do Bolo e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio veñen de suscribir un convenio de colaboración a través do cal a Xunta investirá máis de 200.000 euros na mellora e recuperación da rúa do Centro. A firma do convenio entre o rexedor do municipio ourensán, Manuel Corzo, e a conselleira, Beatriz Mato, tivo lugar o día 11 de maio.

As actuacións enmárcanse no Plan Hurbe e consistirán na remodelación do núcleo tradicional da localidade. O orzamento distribuiase entre este ano e o próximo, segundo indicaron dende o goberno autonómico.

Artigos relacionados

Back to top button