PolíticaÚltima hora

21 de marzo, Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

O día 21 de marzo de cada ano celébrase o Día Internacional da Eliminación e Discriminación Racial. Declarada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, esta xornada recorda a traxedia racista acontecida en 1960 na cidade de Sharperville, en Sudáfrica, e convídanos ao compromiso colectivo para a erradicación desta lacra social.

Tolerancia, inclusión, unidade e respeto pola diversidade para combater a discriminación. Os dereitos humanos son inherentes a todas as persoas sen discriminación algunha. O dereito á igualdade e á discriminación son dúas das súas pedras angulares.

O racismo debe de abordarse dende un enfoque integral que inclúa, dereitos humanos, promoción da participación e dereitos cidadáns individuais e colectivos.-eliminación da brecha dixital, a través do acceso a grupos diferenciados.-Elaboración dun programa educativo que apoie a pluralidade de culturas e a loita contra o racismo.

O mellor que podemos facer para deixar a discriminación e o odio atrás, é aceptar a diversidade e axudar a combater o racismo; desfacernos das ideas rancias, esas que están clavadas como garrapatas na nosa cabeza porque as vemos constatemente na televisión ou en internet e comecemos a pensar por nos mesmos.

As cores da pel fannos diferentes persoas? NON, pero si nos fan criaturas interesantes.

#DEFENDER OS DDHH#
#CONTRA O RACISMO#

Texto:
Ofelia Puente Carracedo
Secretaria de Política Social da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE

Artigos relacionados

Back to top button