EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

21 locais do Carballiño participan esta noite na Ruta das Tapas, co pulpo como protagonista

A actividade comezará en torno ás oito e os pinchos custarán 2 euros

Aínda que a máis coñecida e estendida é a da feira, hai moitas formas de preparar o pulpo. Dalgunhas delas darán conta os participantes na Ruta das Tapas que se celebrará esta noite nos 21 establecementos do Carballiño adscritos ao CCA e á iniciativa hostaleira.

O evento, no que o protagonista indiscutible é o pulpo (que terá o día grande o vindeiro domingo 13 de agosto), era presentado esta mañá na rúa do Paseo polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manolo Dacal e Diego Fernández; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; a representante da adega Pazo Tizón, e os propios hostaleiros.

O concelleiro Manolo Dacal agradeceu ao CCA e a Pazo Tizón, a súa colaboración. As súas representantes pola súa banda, corresponderon ao agradecemento asegurando estar “encantadas de colaborar coma sempre coa hostalaría do Carballiño onde hai moita variedade como se pode ver hoxe aquí con esta tapa especial do pulpo”, dixo Noelia Mares. Dende o Pazo Tizón, patrocinador do evento, engadiron que “esta é unha boa iniciativa para fomentar o consumo local e o produto da comarca, polo que é unha colaboración mutua”.

Nomesmo acto procedeuse ao sorteo dos premios da Ruta das Tapas 2017, consistente en oito vales de compra nos establecementos comerciais integrados no CCA, por valor de 250 euros cada un. As persoas agraciadas foron: Patricia Fernández Pérez, Mirian Andrea Lois, María Portabales, Alba Llamas, Hilda Fernández, Cristina Vázquez, José Fernández e Mónica Crespo.

A ruta comezará a partires das 20h. e os pinchos custarán 2 euros.

Fotos: Carlos G. Hervella excepto a última da galería.

Artigos relacionados

Back to top button