DeportesGalerías de fotosÚltima hora

21 parellas participan na VI carreira Obarconamora marcada pola chuvia

Damián Anta e Marco P. Rodrígues foron os máis rápidos da proba absoluta

Pasada por auga. Así estivo a carreira absoluta Obarconamora celebrada na maña do 12 de febreiro no Barco de Valdeorras, na que participaron 21 parellas.

Foron as primeiras en participar nesta VI edición da proba organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco, no marco da campaña de namorados, en colaboración coa Delegación Valdeorresa de Atletismo e o Concello do Barco. Saíron todos xuntos pero eran tres as modalidades con representación. Na masculina (dous homes) os máis rápidos e gañadores absolutos foron Damián Anta e Marco Paulo Rodrígues que necesitaron menos de 18 minutos (17:20) en completar o percorrido. Segundos foron Eros Álvarez e Marcos Álvarez (19:17) e terceiros, David Peláez e Ricardo Cela (19:19).

Na modalidade feminina (dúas mulleres), unicamente participaron dúas parellas: Inés Docampo e Belén García (primeiras) e Margó Marcía e Maribel García (segundas).

E con respecto á modalidade mixta (home e muller), os máis rápidos foron Marta Ballesteros e Luis Rodríguez cun tempo de 19:27; seguidos por Pablo Israel Rodríguez e Grit Hagen (20:16); e Roberto Trincado e Noemí Fernández (22:01).

Tralos adultos, a chuvia daba unha tregua para que corresen unha trintena de cativos nas diferentes categorías base. E  ao final, tiña lugar a entrega de trofeos aos tres primeiros de cada modalidade da proba absoluta con medalla para os pequenos e piruletas en forma de corazón para todos. Tamén se celebraba o sorteo de dúas ceas para dúas persoas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button