DeportesGalerías de fotosÚltima hora

21 xogadores no I campionato de petanca Festas do Cristo celebrado o 14 de setembro

A tripleta de Valdeorras formada por Antonio, Jose e Gabriel lograban o segundo posto

Un deporte novo se sumaba este ano ao programa das Festas do Cristo do Barco. A petanca, un xogo moi popular en países como Francia chegaba a Valdeorras da man dun grupo de afeccionados que practican nas pistas do Chao, no Barco.

Levan un ano e medio xogando e tal é a afección coa que se atoparon (hai tardes nas que se xuntan ata 40 persoas) que dunha primeira pista pasaron a tres, chegando a constituír un colectivo reglado. Así nacía a Asociación Petanca Valdeorras presidida por Bienvenido Fernández que conta actualmente con 22 socios, aberta a todo aquel que queira unirse, non só do Barco senón de toda a comarca, de aí o nome.

Ademais de adestrar cada tarde, a idea do colectivo é organizar probas e participar en campionatos noutros lugares con máis tradición así como inscribirse na Federación Galega de Petanca. No Barco xa organizaron dúas no marco das Festas do Chao e hoxe daban un paso máis coa celebración do I campionato das Festas do Cristo.

Ás 16 horas do venres 14 de setembro comezaba o torneo no que participaron sete tripletas (equipos formados por tres xogadores cada un): 4 da Asociación Petanca Valdeorras, 2 do Club Deportivo Temple de Petanca de Ponferrada e 1 do Club de Petanca de Fabero.

Os 21 xogadores disputaron as sucesivas partidas ao longo de máis de dúas horas, seguidas por numerosos afeccionados que animaban a Finca do Chao o Día do Cristo, contando coa presenza do alcalde do Barco Alfredo García que foi o encargado de entregar os trofeos aos nove gañadores (tres por cada tripleta). Os primeiros clasificados foron Vicente, Manolo e Manuel do Club de Ponferrada; os segundos os locais, Antonio, Jose e Gabriel de Valdeorras; e os terceiros Reginaldo, Samuel e Pilar de Fabero.

E trala competición chegaba a merenda, no entorno da Casa do Chao onde a asociación ten un local cedido polo Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button