DeportesGalerías de fotosÚltima hora

22 parellas no Torneo de Bolos de Punxeiro

A XIV edición do campionato reuníu a boleadores de diferentes puntos de Galicia, de Asturias e de León

A comezos de agosto, a localidade de Punxeiro (Viana do Bolo) volvía ser o punto de encontro de boleadores de Asturias, dos concellos de Viana, A veiga, O Bolo, Puente de Domingo Flórez (León) e incluso da provincia da Coruña. O motivo, participar na XIV edición do torneo de bolos por parellas organizado polo Club de Bolos Punxeiro.

En torno ás once da mañá do sábado 9 de agosto, os participantes preparábanse para competir. O primeiro sería decidir quen tiraba en cada campo e trala fase de clasificación comezaba o torneo propiamente dito que non remataría ata pasadas as dez da noite, cun descanso para xantar a base de churrasco na casa do pobo.

Como en toda competición os participantes loitan por conseguir a máxima puntuación, pero este torneo é tamén unha festa na que un grupo de amigos, amantes do tradicional xogo dos bolos reúnese unha vez ao ano para pasar un día xuntos, botar unhas risas, e de paso tentar facerse con algún dos premios: xamóns para os primeiros, paletillas para os segundos e lacóns para os terceiros clasificados en cada campo, tal como explica o presidente do Club de Bolos Punxeiro, Luis Herrera.

No campo 1, os gañadores do primeiro premio foron Luis e Jami chegados do Club de Bolos Punxeiro, o segundo premio foi para Denís e Diego do Club da Chaira (Viana do Bolo), mentres que o terceiro foi para Aníbal e Batista do Club de Bolos do Puente de Domingo Flórez.

No campo 2, os gañadores foron Arzu e Luis do club de Camos, seguidos por Diego e Manuel chegados dende Boiro (A Coruña) e Paco e Isidro da Asociación do Bolo Vaqueiro de Cangas del Narcea (Asturias).

E xa no campo 3, a mellor parella boleadora foi a formada por Antonio e Paco do Club de Bolos Froxais, os segundos Manuel e Luis da Asociación do Bolo Vaqueiro e a terceira parella foi a formada por Juan e Ángel do Club de Bolos Punxeiro.
A competición remataba coa entrega de premios e a convocatoria para unha nova cita cos bolos celtas en Punxeiro o vindeiro ano.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Francisco Álvarez Cadenas

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button