OurenseÚltima hora

22 relatores participarán no 9º Foro da Comunicación de Galicia, o 12 de novembro en Expourense

Nesta edición analizaranse as últimas tendencias no sector da comunicación, marketing dixital, publicidade e deseño como as fake news ou o marketing de contidos

Presentación do 9º Foro da Comunicación de Galicia.

 

Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia organizan o 9º Foro da Comunicación de Galicia que se celebrará este venres 12 de novembro en Expourense e en formato híbrido puidendo ser seguido de xeito presencial dende as instalación do recinto feiral ou de xeito virtual desde calquera parte. Como xa é habitual dende hai 6 anos, a celebración do Foro servirá de antesala para a gala de entrega dos Premios da Comunicación, o Marketing, a Publicidade, O Deseño, a Impresión e os Eventos de Galicia.

Para organizar o programa deste 9º Foro, Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia contan co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e co apoio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia. Representantes desta catro entidades participaron esta mañá na rolda de prensa de presentación deste evento: Rogelio Martínez, director de Xantar; Xosé Luis Reza, presidente do Cluster da Comunicación de Galicia; Emma González, xerente do INORDE e Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

 

Programa.

 

O obxectivo deste 9º Foro da Comunicación de Galicia é poñer en valor a calidade e innovación do traballo das empresas galegas nestes sectores, incluíndo tamén experiencias punteiras de empresas de fóra da nosa comunidade. O programa de conferencias deste foro dividarase en varias mesas de debate onde recoñecidos expertos no sector abordarán temas de actualidade que foron seleccionados polo comité organizador deste evento e no que se atopan as principais asociacións profesionais do sector en Galicia e as Facultades de disciplinas vencelladas á comunicación ou publicidade. A asistencia a esta xornada precisa de inscrición previa a través da web de Expourense. Esta actividade conta xa nestes momentos con máis de 150 inscritos, cita que pode ata duplicarse ao longo desta semana.

O programa deste Foro conta coa participación de 22 relatores que participarán marioritariamente de xeito presencial (3 farano de xeito online), entre os que se atopan dous dos máis destacados creativos publicitarios na actualidade e que participan grazas á colaboración de Creatividade Galega (a asociación de axencias de publicidade de Galicia) e do seu presidente, Julián Abad, membro do comité organizador do Foro. O primeiro deles é o arxentino Fernando Vega Olmos, fundador da axencia Anita&Veg. Con 25 anos foi foi Director Creativo Executivo de Gowland, a axencia publicitaria máis importante da Arxentina e creador da axencia española LOLA. Foi ademais presidente do xurnado do Festival Internacionald e Cine de Cannes e xurado en catro ocasións. Fernando Vega Olmos será entrevistado por Chisco Saavedra, Socio Fundador de Wise e Secretario-Tesoureiro de Creatividade Galega.

 

Rogelio Martínez, director de Xantar; Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense; Emma González, xerente do INORDE; e Xosé Luis Reza, presidente do Cluster da Comunicación de Galicia.

 

A conferencia de clausura deste foro será a impartida polo publicista catalán Oriol Villare que el mesmo titulou “O mellor momento é agora”. Da súa cabeza sairon eslogans publicitarios que forman parte xa do imaxinario colectivo español e que asociamos ás marcas para as que foron creados como “Como en casa en ningún sitio”, “Mediterráneamente”, “Doble o nada”, “Mucho gusto”, “La vida es chula”. Oriol Villar será entrevistado por Julián Abad, director creativo Executivo de Wise e presidente de Creatividade Galega.

 

Artigos relacionados

Back to top button