Galerías de fotosOurenseÚltima hora

220.000 euros para o arranxo de camiños en Ourense

Medio Rural destina esa cuantía para Santa Cruz de Arrabaldo, o camiño da Burata a Vilariño, a rúa da Amizade e o camiño do Espeto

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu na mañá do 2 de agosto o acto de sinatura dos correspondentes convenios cos representantes dos 11 concellos da provincia adscritos ao Plan de Emerxencias. Entre eles estaba o de Ourense, representado polo seu alcalde, Jesús Vázquez, que grazas á colaboración da Consellería -achega 218.749,2 euros-, saneará e pavimentará catro camiños do rural deteriorados polo efecto do inverno.

Os arranxos consistirán na mellora da drenaxe superficial e sinalización vial, e limparanse de malas herbas as cunetas dos accesos á parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo, o camiño da Burata a Vilariño, a rúa da Amizade (no polígono de As Coiñás), e o camiño do Espeto, na zona alta da Farixa.

Artigos relacionados

Back to top button