OurenseÚltima hora

Ourense celebra a quinta edición do Ciclo Lírico con tres citas consecutivas no Auditorio Municipal

A oferta cultural municipal para esta semana na cidade das Burgas inclúe dúas obras de teatro

Nuria Lorezo, mezzosoprano.

 

O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda cargada de música, coa volta do ciclo lírico, e teatro para nenos.

O sábado, 28 de novembro ás 18h. na Sala Principal do Auditorio Municipal actuarán Os Bolechas. A obra está dirixida á cativada e a entrada é gratuíta, ata completar aforo.

O domingo, 29 de novembro as 12h. no mesmo espazo, actuará a compañía Culturaactiva representando Rosalía. A obra teatral está dirixida ao público infantil. O prezo da entrada é de 3 €.

Asemade, do 25 ao 27 de novembro celebrarase o V Ciclo Lírico da Cidade de Ourense. Serán tres concertos temáticos, todos no Auditorio Municipal de Ourense, con comezo ás 20:30h, dentro dun programa variado, amplo e diferente. “Propostas para todos os gustos, para pechar os ollos e marabillarse ante a potencia da voz, xunto ao piano, ou outros instrumentos”, aseguran desde o departamento de Cultura.

 

Peter Kellner, barítono.

 

Mércores 25, En terras alleas. O primeiro concerto terá como protagonista a música que deu a volta ao mundo. Neste ano no que se cumpre o quinto centenario da extraordinaria viaxe que demostrou que a Terra non era plana, capitaneado por Magalhães e Elcano, visitará a cidade o trío composto pola soprano Delia Agúndez, a viola de gamba de María Alejandra Saturno e Alicia Lázaro, co laúde para interpretar músicas que foron desde a vella Europa á (nova) América e, enriquecidas, volveron.

Xoves 26, Os labores de lied. O segundo concerto levaranos ao centro de Europa, o berce da lírica, para escoitar os máis afamados lieds. A voz do baixo eslovaco Peter Keller, acompañado ao piano por Alejandro Picó-Leonís, porá en escena obras de compositores clásicos e imperdibles. Recordaremos o 250 aniversario do nacemento do mestre Beethoven e logo pasaremos a Schubert. Música imperdible, música inesquecible.

Venres 26, Homenaxe a NÓS. E para rematar esta edición do ciclo, a viaxe remata en Ourense neste ano no que, tamén, conmemorará o centenario da Xeración Nós. Como un acto máis en homenaxe, poderemos escoitar da voz de Nuria Lorenzo, mezzosoprano, acompañada ao piano por Alejo Amoedo, obras con textos de Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Outros textos serán de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger ou Curros Enríquez. A noite, e o ciclo, rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, “Tríptico rosaliano”, sobre poemas de Rosalía de Castro.

Programa ciclo lírico [PDF]

Artigos relacionados

Back to top button