PolíticaÚltima hora

22,9 millóns de euros para a circunvalación do Barco nos orzamentos do Estado

O subdelegado do Goberno sinala que o investimento real do MITMA previsto para a provincia en 2021 é de 106,41 millóns de euros

O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso. Foto: Carlos G. Hervella.

 

A provincia de Ourense conta no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 cun investimento real de 106,41 millóns de euros por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana destinados a avanzar nas infraestruturas viarias e ferroviarias. Así o vén de sinalar o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. Ademais indicaba que Ourense ocupa a posición número 8 no ranking por provincia en canto a investimento real por PIB, cunha cantidade de 16,52 euros por cada 1.000 euros de PIB da provincia.

Nestes orzamentos, o subdelegado destaca o incremento do 72,8% que experimenta o investimento real nas estradas da provincia respecto aos orzamentos aprobados no ano 2018, o que supón pasar dos 18,98 millóns de euros aos 32,81 millóns de euros previstos para 2021. E considera que se trata duns orzamentosrealistas e executables, nos que destaca o compromiso do Goberno cos proxectos en marcha na provincia como a variante exterior do AVE, a circunvalación de O Barco ou o Museo Arqueolóxico”.

No capítulo de obras destaca a consignación de 22,9 millóns de euros para continuar as obras de conexión da N-120 coa N-536 na localidade de O Barco de Valdeorras, iniciadas en 2019 e que, unha vez rematadas, permitirán evitar o tráfico pesado a través do núcleo urbano e mellorar as comunicacións.

Para o mantemento e mellora da seguridade vial da Rede de Estradas do Estado en Ourense contémplase unha partida no presuposto por importe de 9 millóns de euros, na que se engloban actuacións de mellora de firmes, interseccións, sinalización, balizamento, drenaxe e estruturas, así como os servizos de conservación e explotación ordinaria de estradas.

Emilio González indicaba que con esta última partida conseguirase mitigar o déficit de conservación que arrastra unha parte da rede viaria, “o que reflicte o compromiso do Goberno coa seguridade e a fiabilidade da rede, así como co patrimonio público común de todas as ourensás e os ourensáns”.

Tamén se prevé unha partida para a licitación e adxudicación das obras da autovía A-56 no tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela) por importe de 250.000 euros.

Igualmente inclúense partidas para a redacción de estudos e proxectos de futuras actuacións na Rede de Estradas do Estado en Ourense. Así, no proxecto de Orzamentos figuran partidas por importe de 400.000 euros para avanzar na redacción dos proxectos dos tramos pendentes da autovía A-56 Lugo-Ourense na provincia e outros 200.000 euros para a autovía A-76 Ponferrada-Ourense nos tramos Requejo-A Veiga de Cascallá e A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button