En portadaÚltima hora

23 adegas participaban na XXI Cata de Viños de Valdeorras cuxos premios se entregarán o 31 de xullo

O acto terá lugar no Pazo do Castro cun aforo limitado a unhas 50 persoas, segundo informa a D.O.

Un dos momentos da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, celebrada o 10 de xullo no consello regulador./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras) acollerá o vindeiro venres 31 de xullo a partir das 21.00 horas o acto de entrega de premios da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras explica que este ano se decidiu facer un acto destas características “tras os duros momentos vividos polo confinamento” Celebrar a Feira do Viño en Viloira non parecía o máis convinte para evitar posibles contaxios e frear a propagación do virus. Por esta razón, pensamos en facer un acto máis pequeno e dimensionado que poña en valor o traballo realizado polos nosos adegueiros e viticultores, que foi declarado esencial durante a pandemia”.

Un total de 23 adegas remitiron as mostras para seren avaliadas polos oito catadores que pudieron valoralas: 28 de branco e 29 de tinto. Fixérono o pasado 10 de xullo nas instalacións do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. “A novidade con respecto a outros anos, foi que decidimos abrir a cata a todas as adegas da denominación”, matiza García Pando.

No acto de entrega de premios, no que participarán unhas 50 persoas e no que se adoptarán todas as medidas precisas para garantir o distanciamento social dos convidados, distinguiranse os tres mellores brancos e os tres mellores tintos do ano en Valdeorras e haberá unha mención especial para brancos e outra para tintos doutras añadas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close