OurenseÚltima hora

Ecovixiantes de Franciscanas únense ao programa “Clases sen Fume”

Ademais, os ourensáns continúan co reto da reciclaxe de envases lixeiros e plásticos

 

Esta semana os Ecovixiantes de Franciscanas, en Ourense, celebraron a cuarta xornada do programa “Únete ao Reto” para a reciclaxe de envases lixeiros e plásticos, depositando nos contedores amarelos da rúa Cardenal Quevedo o material acumulado no centro, un total de 57 kg.

Os estudantes, acompañados polo profesor Gonzálo Sánches aproveitaron a xornada para preparar máis “tapóns solidarios” para unha próxima entrega, así como a horta escolar para as plantacións de primavera para o que recibiron material de Ecourense.

 

Cabicheiro reciclado.

 

Clases sen Fume

Inmersos como están nos programa Stars España e no Plan Proxecta de hábitos de vida saudable, Ecovixiantes de Franciscanas combinan a recollida de cabichas e a colocación de conceptos, coas alertas sanitarias que conleva fumar. Así, no marco do programa “Clases sen Fume” esta semana recibían charlas impartidas por Pilar Trabazo, da Consellería de Sanidade.

Trátase dun concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares do 1º ciclo de ESO, de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto. Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, co que se reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa/ premio como incentivo.

 

Charla Clase sen Fume.

 

Co obxectivo de evitar o inicio do consumo de tabaco nos mozos e mozas galegos no desenvolvemento do programa, ademais de compromterse a non fumar durante os 6 meses que dura o programa (antes do inicio do programa todos os participantes manifestan o seu consumo de tabaco), todos os escolares da aula e o seu titor/a elaborarán dun slogan, que consistirá nun lema orientado á prevención do tabaquismo, e preferentemente, dirixido a convencer aos mozos e mozas para non comezar a fumar, e que deberá acompañarse dunha representación gráfica orixinal. Por último, os participantes comprométense a desenvolver unha actividade creativa en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto.

Artigos relacionados

Back to top button