DeportesÚltima hora

24 equipos inscritos no Torneo Roscón de Reis de Fútbol Sala do Barco

Disputarse na modalidade de 3x3, os días 2 e 3 de xaneiro no pavillón vello

Imaxe dunha edición anterior do torneo. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os días 2 e 3 de xaneiro, o pavillón vello do Barco de Valdeorras acollerá o tradicional Torneo Roscón de Reis na modalidade de 3×3, organizado polo Club Pizarras Los Tres Cuñados FS.

A competición arrancará o xoves cos máis pequenos. Ás catro da tarde debutarán os biberóns (nados en 2015 e 2014); a continuación farano os prebenxamíns (anos 2013 e 2012) e finalizarán a xornada os benxamíns (anos 2011 e 2010). Nesta última categoría xogarán 6 equipos distribuídos en dous grupos coa final a partir das 19:45h. e posterior entrega dos roscóns.

Os maiores xogarán na mañá do venres 3 de xaneiro. Os primeiros serán os seis equipos de alevíns (anos 2009 e 2008) que comezarán ás 10h. e loitarán por estar na final prevista para as 12h. Antes, xogarán os seus partidos os infantís (anos 2007 e 2006) e cadetes (anos 2005 e 2004), e xa a partir das 12:30 horas repartiranse os roscóns a todos os equipos participantes.

Tal como explican dende a organización, ese será o premio para cada un dos 24 equipos inscritos, sen importar o resultado, xa que a finalidade deste evento é participar e pasalo ben.

Artigos relacionados

Back to top button
Close