En portadaGalerías de fotos

Baixa a participación ourensá nas eleccións, segundo os primeiros avances

Ata as seis da tarde a provincia rexistraba unha participación dun 57,32%

Pechados os colexios electorais ás oito da tarde, comeza o reconto das papeletas para elixir aos deputados ao Congreso e aos membros do Senado. Atrás queda unha xornada de votación na que ás seis da tarde exercera o seu dereito ao voto un 57,32% dos ourensáns, un datos inferiores aos dos comicios xerais do 2011, ns que a esa mesma hora xa votaran un 59,05% dos censados na provincia, segundo as cifras feitos públicas dende o Ministerio do Interior.

Tamén na provincia de Lugo a participación rexistrada é máis baixa que hai catro anos: 55,46% fronte ao 57% do 2011. Sen embargo, nas outras dúas provincias galegas apréciase un incremento de participación. Así na Coruña a porcentaxe de votantes rexistrados ata as seis da tarde era dun 57,69% fronte aos 55,87% das anteriores eleccións e en Pontevedra de 61,03% fronte aos 58,48% do 2011.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button