OurenseÚltima hora

Los Suaves, na proxección do filme “Viaje al fin de la noche”

O acto terá lugar hoxe 4 de xaneiro ás 20h. no Espazo Lusquiños da Mocidade en Ourense
Los Suaves.
Los Suaves.

O Espazo Lusquiños da Mocidade (situado na Avenida de Marín), acollerá hoxe, luns 4 de xaneiro ás 20h. a proxección do documental “Viaje al fin de la noche”, un traballo dirixido por Raúl García e baseado na mítica banda ourensá Los Suaves.

Especialmente centrado na “Gira de los Mil Conciertos” e o concerto especial “Los Suaves – La Reunión”, onde participaron antigos compoñentes do grupo, neste documental son os propios Suaves, acompañados de numerosos seguidores e seguidoras, amigos e amigas, os auténticos protagonistas. Por iso trátase dunha oportunidade especial para que os fans da banda ourensá e da música rock en xeral se acheguen ao Espazo Lusquiños, onde se reunirán algúns dos seus membros.

Artigos relacionados

Back to top button