CulturaCulturaÚltima hora

24ª edición de Galicia en Foco

O prazo para presentar os traballos remata o vindeiro 20 de xaneiro
Cartaz da 24ª edición do certame Galicia en Foco.
Cartaz da 24ª edición do certame Galicia en Foco.

É un concurso aberto a todos os fotoxornalistas e fotodocumentalistas que rexistran a realidade informativa, cultural ou antropolóxica galega. O Proxecto Galicia en Foco, creado polo Club de Prensa de Ferrol, cumpre 24 anos apostando por promocionar e potenciar o labor profesional dos fotógrafos.

O concurso ten dous apartados: fotoxornalismo na prensa e fotoxornalismo de reportaxe. O prazo de recepción de traballos para esta nova edición rematará o vindeiro 20 de xaneiro e as fotografías que se presenten deberán estar editadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014, segundo as bases.

Tamén se indica nelas que as imaxes deberán presentarse en arquivo dixital por correo electrónico en envios.galiciaenfoco@gmail.com

Artigos relacionados

Back to top button