CulturaCulturaÚltima hora

25 aniversario do Fetega no Carballiño

O Festival de Teatro de Galicia inclúe un espectáculo para bebés
Presentación do programa do Fetega 2014
Presentación do programa do Fetega 2014
.

Dende hoxe 2 de setembro ata o día 5, O Carballiño acollerá a 25 edición do Festival de Teatro de Galicia, que por primeira vez inclúe un espectáculo para bebés.

O festival contará con funcións en horario de noite, para o público adulto; de tarde, para espectadores infantís, e de mañá, para bebés.

Nas sesións nocturnas as entradas terán custarán 8 euros e os asistentes poderán disfrutar de montaxes como “Bye, bye, honey” da compañía Obras Públicas. Tamén actuará a compañía Lagarta, lagarta co seu espectáculo “O país do Pato Donald”, unha reflexión sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura que vive os seus últimos días entre a realidade e as lembranzas. Finalmente, “Misterio Cómico” de Teatro do Morcego, será outro dos espectáculos que integran a 25ª edición de Fetega, no ano no que esta compañía cumpre tamén as súas vodas de prata nos escenarios. Todos tentarán facerse con algún dos premios Fetega 2014 que se entregarán o último día, o 5 de setembro, nunha gala na que Pistacatro deleitará aos asistentes co seu espectáculo de malabares.

Ademais, os días 3 e 4 de setembro haberá espectáculos para bebés ás 12:30h. na Casa da Cultura e para toda a familia ás 19:30h. no anfiteatro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close