EconomíaEconomíaÚltima hora

25 anos de selo de calidade na tenreira, no mel e na pataca de Galicia

Publicidade
Catro consellos reguladores galegos celebraban o 21 de outubro en Santiago o seu cuarto de século de existencia
Acto de celebración do 25 aniversario dos catro consellos reguladores galegos, en Santiago.
Acto de celebración do 25 aniversario dos catro consellos reguladores galegos, en Santiago.

Son selos de calidade que establecen lazos de unión entre unha denominación e as súas demarcacións xeográficas de produción; “unha verdadeira identificación entre produto e territorio que, para o consumidor, é sinónimo de garantía”. Así o resaltaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na conmemoración do 25 aniversario da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, e das Indicacións Xeográficas Protexidas Mel de Galicia, Pataca de Galicia e Ternera Galega. Este acto tiña lugar na tarde do 21 de outubro na capela real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago.

Estes catro consellos reguladores representan preto de 9.200 produtores, apicultores e gandeiros, e integran un total de 140 industrias, segundo os datos da Xunta. Ademais, no pasado ano facturaron en conxunto máis de 123 millóns de euros coa certificación de case 26 millóns de quilos de produtos; é dicir, o 35% do valor económico que acadou a produción total das 33 marcas de calidade diferenciada rexistradas en Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button