EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

25 emprendedores valdeorreses conclúen o programa “Autoemprego e consolidación empresarial”

Esta acción formativa desenvolvíase do 3 de xuño ao 11 de xullo no Barco e forma parte do convenio de colaboración entre a Fundación Incyde e o Inorde

A Academia Cix do Barco era escenario na mañá do 11 de xullo do acto de clausura do programa de formación “Autoemprego e consolidación empresarial” no que participaban un total de 25 emprendedores valdeorreses, dos que 16 eran mulleres (64%). No decurso desta acción formativa, que forma parte do convenio de colaboración entre a Fundación Incyde e o Inorde, desenvolvíanse outros tantos proxectos dos cales un 56% son de emprendedores e o 44% restante céntrase na consolidación de negocios xa existentes.

O acto de clausura contaba coa presenza do subdirector xeral do Incyde, José María Párraga, dos presidentes do Inorde, Rosendo Fernández, e de AEVA, Araceli Fernández. Párraga iniciaba o turno de intervencións explicando o labor que desenvolve a Fundación Incyde e os proxectos que en ten marcha en eidos como o da economía circular. Destacaba ademais a importancia do alumando destas accións formativas “sodes o gran activo destes programas”.

Do mesmo xeito se manifestaba o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, resaltando a aposta deste organismo pola “promoción económica e empresarial e pola formación”. Destacaba tamén o talento dos emprendedores valdeorreses. “Hai que darlle unha oportunidade ao talento, porque o talento sen a oportunidade non serve para nada e para iso estamos as administracións e esta acción dentro do programa”.

Pola súa banda, a presidenta de AEVA, Araceli Fernández, facía tamén fincapé no valor da formación. “Estas iniciativas axudánnos a ter un maior coñecemento, máis capacidade de motivación e emprendemento”. Deseguido, dous dos alumnos do curso, Jorge Barredo e María del Mar Rodríguez, expoñían os seus proxectos, centrados na posta en valor da arte en espazos urbanos e no interiorismo e a decoración, respectivamente. O acto finalizaba co acto de entrega dos diplomas ao alumnado deste curso.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/arte-efimera-na-rua-e-interiorismo-entre-os-proxectos-do-curso-autoemprego-e-consolidacion-empresarial-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button