OurenseÚltima hora

250 afeccionados ao ciclismo de montaña participan na “Arnoia Termal Bike”

Os deportistas profesionais Iván Feijóo e Carlos Canal volveron colaborar nunha das probas deportivas que organiza o Inorde

Cortando a cinta para dar a saía á proba en Arnoia.

 

A “Arnoita Termal Bike” proba cicloturista organizada polo o Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, reunía na mañá deste domingo 19 de setembro a uns 250 afeccionados ao ciclismo de montaña procedentes de 18 provincias, que descubriron a través do deporte, a beleza natural e paisaxística que ofrece a nosa provincia nesta zona.

A xerente do Inorde, Emma González, estivo hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e ao conseleliro delegado do grupo Caldaria, Javier Soto, na saída da proba que estivo encabezada polo padriño da mesma, Iván Feijóo, e o recentemente chegado de La Vuelta, o ourensán Carlos Canal, que non quixo perderse unha das probas que se organizan na nosa provincia.

 

Saída da carreira cicloturista.

 

A “Arnoia Termal Bike” tivo a súa saída e chegada en Arnoia, pero o percorrido chegou a concellos limítrofes como Cartelle e Cortegada. Na proba déronse cita 125 participantes no circuíto de gran fondo de 70 quilómetros que se disputou por parellas; e máis de 125 ciclistas competiron de xeito individual no medio fondo de 50 quilómetros de percorrido. A competición estivo aberta a todos os públicos, tanto federados como non federados, e tamén para os afeccionados con bicicleta eléctrica, aínda que estes últimos non optaron a premios.

Esta carreira, xunta as xa celebradas “Ourense Strade Termal” e a “Ribeira Sacra Cycling Road”, veñen a demostrar “o potencial que ten a nosa provincia para acoller eventos deportivos que contribúen a dinamizar os nosos territorios e, en consecuencia, a vida social e económica dos mesmos”, sinalou a xerente do Inorde, quen destacou tamén “a alta participación, nas probas que organiza o Inorde, de afeccionados chegados de diferentes puntos de España, o que demostra o gran atractivo turístico que ten a nosa provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button