EconomíaEconomíaÚltima hora

A Veiga proxecta a creación dunha industria apícola

O alcalde veigués presentáballe esta iniciativa á conselleira de Medio Rural nunha reunión celebrada en Santiago
A conselleira do Medio Rural, na reunión co alcalde da Veiga.
A conselleira do Medio Rural, na reunión co alcalde da Veiga.

A apicultura constitúe unha actividade fundamental para os veciños da Veiga, onde existe un amplo sector de poboación que se dedica a esta actividade, de xeito artesanal. Así llo explicaba o alcalde deste concello valdeorrés, Juan Anta, á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na reunión que mantiña o 13 de xaneiro en Santiago para presentarlle un proxecto de creación dunha industria de extracción e envasado de mel no seu municipio. O obxectivo que se persegue é xerar emprego local, crear unha marca diferenciada para o mel, darlle valor engadido e maior rendibilidade ao produto, fomentar o asociacionismo local e dotar a esta actividade dunhas instalacións propias e modernas.

Neste centro levaríanse a cabo diferentes actividades relacionadas co procesado do mel, dende a súa recepción, pesado e almacenamento ata a toma de mostraxes e realización de análises do produto, pasando pola súa descristalización, decantación, envasado e etiquetado.

Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural comprometíase a estudalo, para ver as posibilidades de colaboración e apoio por parte do Goberno galego.

Artigos relacionados

Back to top button