DeportesGalerías de fotosÚltima hora

26 equipos participan no VI Torneo de Volei Praia da Rúa

O campionato celebrábase no Aguillón, no marco das Festas de Verán, coas finais na tarde do 5 de agosto

Nove masculinos, nove femininos e oito mixtos. Un total de vinteseis equipos participaban este ano no Torneo de Volei Praia da Rúa, celebrado entre o 29 de xullo e o 5 de agosto no campo de area do Aguillón.

Neste último día, festivo local e derradeiro das festas, disputábanse as finais. Na categoría mixta o vencedor foi o equipo “No se sabe” integrado por Cris, Xandre, Sergio e Brian; segundos quedaron “Poll vazzo al Chus”; e terceiros “Leppo team” formado por Leti, Sandra e Jorge. Na categoría 2×2 feminina ganou o equipo “Leppo leppo” de Sandra e Leti; segundo quedou “LC” de Leire e Cris; e de terceiro “Voley girls”. E xa en 2×2 masculino os ganadores foi “Monstruos S.A.” equipo formado por Xandre e Sergio; segundos “Richard’s” con  Pablo e Jorge; e terceiros “Los principiantes” equipo formado por David e Ismael.

As imaxes da galería corresponden á final de 2×2 masculino.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close