EconomíaEconomíaÚltima hora

26 proxectos recibirán axudas a través do GDR Ribeira Sacra Courel

Suporán un investimento total de 1,9 millóns de euros e recibirán axudas Leader por un importe de 867.673,11 euros

 

Durante a súa última reunión a xunta directiva do GDR Ribeira Sacra Courel vén de resolver a terceira concesión de axudas do programa Leader 14-20 que está a xestionar nos 13 concellos que o integran (Bóveda, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, As Nogais, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, O Saviñao , Sober e Triacastela). Este encontro tiña lugar o 13 de setembro no Concello de Folgoso do Courel.

“En total foron concedidas novas axudas a un total de 26 proxectos, que suporá un investimento total de 1.902.513,05 € e recibiran axudas Leader por un importe total de 867.673,11 €. O desglose segundo tipoloxía de proxectos e o seguinte: 9 os proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas, que investiran 254.139,93 € e recibirán 173.626,97 € de axudas Leader;  6 os proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, que investiran 63.516,77 € e recibirán 39.818,08 € de axudas Leader;  e 11 os proxectos produtivos, que investirán 1.584.856,35 € e recibirán un total de 654.228,06 €”, segundo se informa dende este GDR.

Ademais destácase que estes proxectos empresariais contribuirán a creación de 14,50 novos postos de traballo e a consolidación de 90,60 postos de traballos existentes. Dende o GDR Ribeira Sacra Courel agárdase que “esta terceira resolución de proxectos Leader sirva de estímulo para animar aos potenciais promotores de novos proxectos para a convocatoria de axudas para o 2020, para o cal o prazo de presentación de axudas diante o GDR está aberta ate o vindeiro 31 de marzo de 2019”.

O total acumulado nas convocatorias de axuda do 2017, 2018 e agora 2019 arroxa os seguintes datos: 96 proxectos aprobados, cun investimento total de 5.686.669,06 € que recibirán un total de axudas Leader por importe de 2.761.942,93 €. “O desglose acumulado nos dous anos segundo tipoloxía de proxectos e o seguinte:
36 os proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas, que investiran 958.385,61 € e recibirán 751.024,69 € de axudas Leader, 11 os proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, que investiran 94.745,28 € e recibirán 61.015,23 € e  49 os proxectos produtivos, que investirán 4.632.538,17 € e recibirán un total de 1.949.903,01 €. Estes proxectos empresariais contribuirán a creación de 39,75 novos postos de traballo e a consolidación de 290,44 postos de traballos existentes”, segundo o GDR.

Artigos relacionados

Back to top button