DeportesÚltima hora

260 atletas competirán este domingo na VI edición da media maratón do Carballiño

O 10 de marzo celebrarase tamén na vila do Arenteiro, a ultramaratón Carballiño-Santiago que conta xa con 86 inscritos
O presidente do Club Atletismo Carballiño, Fernando Guerra e o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, na presentación.

O Carballiño acollerá neste mes dúas probas atléticas de referencia, organizadas polo Club Atletismo Carballiño: a VI Media Maratón Carballiño que se celebrará este domingo 4 de marzo, e a Ultramaratón Carballiño-Santiago prevista para o sábado 10 de marzo.

A media maratón, na que hai incritos 260 atletas comezará ás 10:30h.cun de 7 km comeza e remata na avenida do Balneario, fronte ao auditorio municipal Manuel María. Trátase dun circuíto cun tramo urbano e outro polo parque municipal. A entrega de trofeos terá lugar en torno ás 13h.

A ultramaratón Carballiño-Santiago, de 102 km, sairá o sábado 10 de marzo ás 7 da mañá, da praza da Veracruz. Hai xa 86 persoas inscritas procedentes de toda Galicia, Portugal e comunidades como Asturias, Madrid, País Vasco, Andalucía e Cantabria, entre outras. O récord desta proba está en 10:2, que conseguiu o campión do pasado ano, e que repetirá nesta terceira edición.

 

Artigos relacionados

Back to top button