EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

27 vinos da D.O. Monterrei superan os 90 puntos na “Guía Peñín 2021”

Estes resultados avalan “o excelente traballo que se está realizando no noso territorio vitivinícola”, sinala Lara Da Silva, presidenta desta denominación

Foto: D.O . Monterrei.

 

Con puntuacións de 90 ou máis puntos vén de recoñecerse na última edición da “Guía Peñín” a un total de 27 viños da Denominación de Orixe Monterrei. Nesta publicación figuran un total de 68 viños amparados pola D.O. Monterrei. Así, ademais dos 27 brancos e tintos que teñen entre 90 e 95 puntos (excelente), outros 39 foron cualificados como viños moi bos (entre 86-89 puntos).

Os viños cualificados como excelentes e moi bos pertencen a elaboradores como Pazo das Tapias, Pazo Blanco Nú ñ ez (Tapias Mariñán), Ladairo, José Luís Mateo García (Quinta dá Muradella), Crego e Monaguillo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fragas do Lecer, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), Manuel Guerra Xusto (Vía Arxéntea), Pazos do Rey, Quinta do Buble, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) ou Terras do Cigarrón, entre outros.

A Guía indica que os brancos de Monterrei son “intensos e afroitados, saborosos e fresco en boca, cun bo equilibrio alcohol-acidez”. Pola súa banda, a publicación detalla que “os tintos xoves posúen un bo carácter froiteiro”, mentres que os tintos con crianza “empezan a gañar peso na zona grazas ao bo equilibrio entre a froita e os matices da crianza”.

Estes resultados avalan “o excelente traballo que se está realizando no noso territorio vitivinícola”, destaca Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, “onde os viticultores e adegueiros dan o mellor de si para elaborar cada ano viños de mellor calidade”.

Artigos relacionados

Back to top button