ConcellosÚltima hora

Clausura do obradoiro de emprego “Conso-Frieiras”

Nel participaban 16 alumnos de menos de 30 anos dos concellos da Gudiña, Riós e Vilariño de Conso
Os alumnos do obradoiro cos alcaldes da Gudiña, Vilariño de Conso e Riós e coa delegada da Xunta en Ourense.
Os alumnos do obradoiro cos alcaldes da Gudiña, Vilariño de Conso e Riós e coa delegada da Xunta en Ourense.

A Casa do Concello da Gudiña acollía na mañá do 3 de marzo o acto de clausura do obradoiro de emprego “Conso Frieiras”, no que participaron 16 alumnos de menos de 30 anos dos municipios da Gudiña, Riós e Vilariño de Conso. No decurso desta acción formativa os participantes melloraron a súa cualificación e realizaron tarefas forestais e relacionadas coa albanelería nas tres localidades. Así, entre outras actuacións, rehabilitaron o lavadoiro de Riós, e conservaron e melloraron os soutos de castiñeiros, piñeiros, carballos e outras especies con fin dun mellor aproveitamento dos seus froitos e produtos forestais.

A delegada da Xunta en Ourense entregando un diploma a unha das participantes no obradoiro, na Gudiña.
A delegada da Xunta en Ourense entregando un diploma a unha das participantes no obradoiro, na Gudiña.

A delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, participaba no acto de clausura acompañada dos alcaldes que compartiron este obradoiro e destacaba que unha das prioridades da Administración autonómica é apostar pola formación de calidade e, neste senso, sinalou que os obradoiros de emprego están vinculados á obtención dun certificado de profesionalidade con validez nacional.

Artigos relacionados

Back to top button