ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un coche completamente envolto en celofán e globos, no centro do Barco

Con sorpresa reaccionaban as persoas que na noite do 10 de marzo percorrían a céntrica avenida Conde Fenosa do Barco. Nas proximidades do cruce coa rúa Santa Rita podía verse un coche aparcado e envolto completamente en celofán e enganchado a unha das farolas. Había ademais papel e globos de cores.

E da sorpresa, pasábase a acción e eran moitos os que tiraban de móbil para sacarlle unha foto a tan singular estampa.  Sen dúbida un orixinal xeito de celebrar algo, tendo en conta que nun dos globos podía lerse “Felicidades”.  De seguro que non deixou indiferente ao seu destinatario.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button