ConcellosÚltima hora

279.500 euros para acondicionar a antiga sede dos xulgados do Barco como sede da Policía Local e da oficina de turismo

O Consello da Xunta vén de autorizar a sinatura dun convenio entre o goberno galego e o Concello do Barco para esta actuación

Exterior do edificio do antigo xulgado do Barco.

 

O Consello da Xunta vén de autorizar na súa reunión deste xoves 4 de agosto a sinatura dun convenio de colaboración entre o Goberno galego (no que participaban a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Axencia de Turismo de Galicia) e o Concello do Barco. Ambas administracións colaborarán para habilitar a antiga sede dos xulgados (actualmente sen uso) levando a cabo obras de acondicionamento desta antiga sede xudicial para uso da Policía Local e da Oficina de Turismo.

O orzamento estimado das actuacións previstas no convenio é de 279.500 euros, divididos en dúas anualidades: preto de 75.000 euros este ano e os restantes 204.000 o vindeiro ano. O Concello do Barco achegará 79.500 euros e a cantidade restante póraa a Xunta.

O Concello conta con servizo de Turismo e Policía Local, que “están situados nuns locais que non posúen as características óptimas para a prestación dos seus labores”, segundo a Xunta. No caso da Policía Local, ésta dispón dunhas dependencias para o desenvolvemento da súa actividade nun baixo sen luz natural, ventilación e espazo para un mínimo cumprimento das súas funcións, carente de zona de atención ao público, vestiarios, sala de detención, etc. Así mesmo, o edificio, dada a súa época de construción, non dispón dunhas características adecuadas para o imprescindible aforro e eficiencia enerxética na súa utilización, ademais da necesaria reordenación de espazos para os novos usos previstos e a súa adaptación para facilitar a mobilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas”.

No segundo caso, explica a Xunta, “e dado o considerable aumento de actividade turística nos últimos anos, por un lado debido a fitos como a implantación do Xeodestino Trevinca-Valdeorras, do que forma parte o municipio; e por outro a consolidación e o desenvolvemento do Camiño de Santiago de Inverno, a oficina de Turismo en que se desenvolven as actividades de atención ao público é insuficiente para o seu labor”

Artigos relacionados

Back to top button