Ourense

28 anos na rúa Santo Domingo

Manuel L. Babarro rexenta un dos primeiros negocios de compra-venda de ouro na cidade de Ourense
Foto: Antonio Contiñas
Foto: Antonio Contiñas

Claridade, transparencia, seriedade, discreción e formalidade. Clientes e veciños recoñecen estas como as claves do negocio de compra-venda de ouro e prata que Manuel Luis Babarro Blanco ten na rúa Santo Domingo Nº 37, entrechán, na cidade de Ourense, dende hai case trinta anos.
Coa chegada da actual crise, no ano 2008 comezou a relacionarse este tipo de negocios cos problemas económicos, supoñendo unha saída inmediata para a xente que precisaba cartos vendendo pezas de ouro acumuladas ao longo dos anos. Con todo, o negocio de Manuel Babarro non se axusta a este perfil. “Abrimos as portas da empresa no ano 85 e dende entón estivo sempre no mesmo local e na mesma ubicación” explica Manuel propietario e xerente do “Compramos Oro, rúa Santo Domingo” aínda que el prefire promocionalo como “Oro y Plata, rúa Santo Domingo” posto que son estes dous os metais cos que traballa.

Así e todo o feito de que Babarro Blanco abrise un negocio destas características en Ourense foi unha casualidade e un cúmulo de circunstancias a pesares de ser ourensán de nacemento, e de que a súa relación co metal precioso por excelencia xa viña de atrás.

A súa empresa é unha das máis antigas en Ourense. ¿Como foron os comezos?¿Por que se decidiu a montar un negocio do ouro?
Son químico e traballaba en Madrid nunha fábrica de fundición de metais. Afinabamos tanto o ouro de chatarra como en planchas que viña de Londres, e chegou un momento en que a cidade afogoume. O dono da fábrica tiña varios negocios distribuídos por España e eu díxenlle que me volvía para Ourense. A verdade é que non tiña ningún outro traballo e el ofreceume esta posibilidade. Eu pensara en adicarme ao ensino porque daquela era a única saída que había nesta cidade pero el díxome que se quería montábame un negocio destes. Non tiña nin idea, nunca traballara cara ao público tampouco, pero abriuno no ano 84 e ao cabo dun ano xa quedei con el. En realidade o xefe da empresa montárao pensando que eu volvería para Madrid outra vez pero como non me deu convencido ofreceume a posibilidade de quedar eu co negocio e aceptei. Así comezou a historia e nunca pensei estar tantos anos, a verdade.


¿Que se fai en “Oro y Plata”?
Compramos calquera peza de ouro ou prata en calquera estado.


¿Cal é o proceso polo que pasa o ouro dende que vostede o compra?

O cliente en cuestión vén e tásaselle a peza ou pezas que traia de forma gratuíta e no momento. Despois dáselle un valor e se o vendedor acepta, o que se fai é pedirlle o DNI para facer un contrato de compra-venda no que teñen que aparecer reflexados tanto os datos do vendedor, coma os da empresa compradora, e a reseña de tódalas pezas que se venden. Esas pezas escanéanse e xunto co albarán de compra (ou contrato de compra-venda), preséntanse en Comisaría. Ao cabo de tres semanas se non hai ningún problema con esa operación pódese dispoñer dese ouro. O destino maioritariamente desas pezas é a fundición. Adoitase afinar, transformándoo en ouro puro para facer lingotes, normalmente. E a partires de aí eses lingotes entran no mercado como ouro de investimento ou manufacturado para a industria xoieira e comeza outra vez a cadea.
¿Que é o que máis vende a xente?
Calquera tipo de xoia. Pulseiras, aneis, colares… Normalmente o que máis ten a xente son aneis e pulseias, os colares xa menos porque adoitan ser máis custosos. Pero en xeral calquera peza de ouro, tamén medallas… E en prata exactamente o mesmo.

Texto: Mónica G. Bellver/Ourense     Foto: Antonio Contiñas

(A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button