A RúaConcellosÚltima hora

28 aspirantes optan ao posto como funcionario interino dun administrativo para o Concello da Rúa

A proba teórico e práctica celebrarase o día 23 de febreiro

Casa do Concello da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello da Rúa vén de publicar o listado definitivo de admitidos no proceso selectivo dun administrativo, como funcionario interino desta adiministración local, na que figura un total de 28 aspirantes.

A valoración de méritos ten lugar na mañá deste venres 19 de febreiro e a proba teórico e práctica, na forma prevista na base oitava publicada no BOP de 26 de xaneiro de 2021, será o día 23 de febreiro ás 16 horas, no Pavillón do Colexio Nosa Señora de Fátima.

 

Artigos relacionados

Back to top button